lunes, marzo 06, 2006

Un texto y una imagen...

... concebidos para la exposición Plantando libros a instancias de la AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) dentro del Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Se trata de una propuesta que consiste en que, a la inversa de lo habitual, una ilustración sirva de inspiración para un texto. En conjunto: 39 ilustraciones con su correspondiente texto hecho ex profeso y 78 artistas de toda Galicia entre dibujantes y escritores. Esta semana se clausura la exposición de Pontevedra, pero pronto empezará a recorrer toda Galicia, estén atentos. Mientras tanto subo mi ilustración y el texto que escribió inspirándose libremente en ella ese pedazo escritor y amigo Kike Benlloch.


From: "Luzia"

To: "Carlos Espasante"

Date: Jan 13, 2006 1:51 PM

Subject: Unha anécdota de onte á tarde

querido carlos,
ti xa sabes que miña nai é holandesa e meu pai é de tui, así que non debería causarme estupor tratar con europeos. os teus amigos chegaron ben á capital, recollinos e leveinos. pero non quería deixar de contarche, e lembrándoo non sei se sorrir ou non, que cando falan resulta molesto como diferencian entre "nós" (eles e mais eu, entendo) e "os de aquí"... son cultos e educados pero hai tics que se lles escapan. lembras cando che contara que viñera un equipo de tv italiano facer unha reportaxe sobre a deforestación? un dos cometidos que temos os enxeñeiros de montes do ministério é evitar os excesos na explotación forestal. pois daquela foi o mesmo. o xornalista preguntábame todo o tempo "pensa vostede que son conscientes de tal problema?", eles, eles, os outros (¿referiríase aos negros? non o pensara antes). finalmente tiven que pedirlle que deixase de falar en terceira persoa do plural; eu nacín aquí, son africana aínda que me vexan tan branquiña e tan pálida. cada verán vexo como as teles europeas retratan áfrica, que é a miña casa; só vexo fame, sida e safaris. áfrica tamén é natureza e persoas e vida, non só a imaxe negativa de novela decimonónica que se divulga dela continuamente... nesta altura unha non sabe se hai que desculpar a ignorancia "occidental" ou se esa desculpa habitual é precisamente a que nos causa tantas dificultades.


en fin, mándoche un abrazo moi forte esperando que andrea e as nenas estean ben.dalles un bico da miña parte,


luzia


ps: preguntábasme por algo parecido á constitución, pois podes baixar a Constituição da República neste enlace http://www.mozambique.mz/pdf/constituicao.pdf

No hay comentarios: