jueves, marzo 09, 2006

V de Bd Banda

Extraído da páxina da AGPI
Coa intención de conmemorar os seus cinco anos de traballo, o colectivo BD Banda anuncia a publicación dun número especial que sairá á luz con ocasión do vindeiro Saló del Còmic de Barcelona, considerado o principal evento deste campo en toda a península.A revista será publicada por primeira vez en castelán e recollerá unha escolma de boa parte dos autores que, desde o número un, veñen colaborando co proxecto. A idea é que os lectores de fóra de Galicia poidan coñecer a publicación que foi galardoada en 2005 co premio do Salò ao mellor fanzine. En total serán 100 páxinas a toda cor que incluirán o traballo 19 autores de BD galegos.

No hay comentarios: