miércoles, marzo 22, 2006

Can de palleiro


Sacada de la página de la AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración)
No 2005, buscando o tema para unha primeira exposición representativa da AGPI soou o ouveo do can de palleiro, unha especie autóctona e protexida con denominación de orixe.

Pareceunos que os ilustradores galegos tamén podiamos reclamar a nosa denominación de orixe mediante a promoción conxunta do noso traballo e que o mesmísimo can de palleiro podería ser o nexo temático da mostra.

O resultado é esta marabillosa exposición que reúne participantes de varias xeracións de artistas gráficos e na que salienta a diversidade estilística e a calidade do traballo que se está a facer en Galicia.

O Can de Palleiro marca un antes e un despois no mundo da ilustración galega, e estou seguro de que é tan só o primeiro cachorro dunha camada numerosa aínda por chegar.

Manel Cráneo, Presidente de AGPI

[Fragmento do texto de presentación do catálogo Can de palleiro]

Ver: Exposición virtual Can de palleiro.

2 comentarios:

plantaman dijo...

Ese Can de Palleiro...con esas pujassssssss

plantaman dijo...

puljasssssssssss